Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

Montaxe de robots.

Imaxe
Feita unha primeira aproximación á robótica educativa, as nenas e nenos de 5ºB emprenderon o reto de montar cadanseu robot. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu nestas dúas últimas semanas:

Presentación.

Imaxe
Esta mañá iniciouse de maneira oficial o programa de Robótica Educativa que se desenvolverá durante este curso no noso centro.  O alumnado de 5ºB xa coñece a Superpondaliña , unha superheroína que busca mellorar a vida dos habitantes de Ponteceso. Para iso precisa da axuda destas nenas e destes nenos, que só lograrán superar os seus retos a través da robótica... Aceptada a misión, o primeiro foi organizarse en grupos cooperativos e escoller que funcións desempeñaría cada membro do equipo, funcións rotatorias conforme se vaian desenvolvendo as diferentes sesións. Seguidamente, presentouse a tablet na que se recollerán os avances a través das pegatinas que Superpondaliña enviará por cada proba superada. Para identificarse como grupo, escolleron un nome característico e deseñaron un logo para o seu equipo. E isto foi o que sucedeu nesta primeira sesión. O vindeiro venres, aos nenos e nenas de 5ºB chegaralles a súa primeira misión. Cal será? Seguide o noso

Robótica no Pondal.

Imaxe
O CEIP Eduardo Pondal foi un dos centros seleccionados no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en Primaria" . A partir deste 2º trimestre, o alumnado de 5ºB de Educación Primaria será o encargado de poñer en marcha e desenvolver este proxecto. Será a través deste blog onde se compartan os pasos dados e os logros alcanzados, así como calquera outra novidade de interese! Animádevos a seguir con nós esta aventura robotizada!