Publicacións

Integración de sensores en maquetas.

Imaxe
Nesta nova sesión as nenas e nenos de 5ºB dedicáronlle tempo a integrar os sensores elixidos nas súas maquetas de Ponteceso. Primeiramente, aprenderon a subir as súas programacións a Arduino para que estas se gardasen nas placas-base dos robots. De seguido, extraeron a placa-base de cadanseu robot. A continuación, integraron as placas-base nas súas maquetas. Finalmente, comprobaron que as placas-bases se integraran perfectamente e os sensores funcionaban de xeito correcto.

Programación de sensores.

Imaxe
Nesta nova sesión as nenas e nenos de 5ºB dedicáronlle tempo á programación dos sensores que empregarán nos pasos de peóns que xa forman parte das súas maquetas de Ponteceso. Andrea, Claudia P. e Nicolás decantáronse polo sensor de límite e a pantalla led. Aarón, Alejandro e Aroa escolleron o sensor de proximidade e a pantalla led. Ainoa, José Ramón e Yeray elixiron o sensor de límite e o sensor de luz. Claudia U., Eloy, Hugo e Saray optaron polo sensor de límite e a pantalla led.

Primeiros bocetos.

Imaxe
Aceptado o reto de Superpondaliña, as nenas e nenos de 5ºB dedicáronse a crear os primeiros bocetos dos seus proxectos.  Nestas semanas intentarán mellorar a vida de Ponteceso a través da robótica, e serán os encargados e encargadas de darlle solución aos problemas que ocorren na nosa vila cada vez que unha persoa intenta cruzar un paso de peóns.

Mensaxe de Superpondaliña.

Imaxe
Ola meus superheroes e superheroínas!  Como estades? Xa me contaron que lograstes montar os robots e clasificar tódalas pezas e sensores! Sodes unhas máquinas! Non me cabe a menor dúbida de que me asociei coas mellores mentes de Ponteceso, así que moita forza e ánimo para o seguinte reto que vos vou propoñer... Seguro que vos ten pasado algunha vez de querer cruzar a rúa por un paso de peóns e que ningún coche vos pare para poder facelo. Pensei que sería xenial que creásedes unha especie de semáforos peatonais que detecten a presencia dunha persoa na beirarrúa e emitan algún tipo de sinal para que os condutores e condutoras saiban que deben parar. Unha forte aperta. SUPERPONDALIÑA

Aproximación á programación.

Imaxe
Montados os robots, durante as seguintes sesións as nenas e nenos de 5ºB dedicáronse a clasificar tódalas ferramentas empregadas, así como as pezas e os sensores que proximamente empregarán. Feito isto, adentráronse no programa Makeblock co fin de iniciarse na programación.

Montaxe de robots.

Imaxe
Feita unha primeira aproximación á robótica educativa, as nenas e nenos de 5ºB emprenderon o reto de montar cadanseu robot. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu nestas dúas últimas semanas:

Presentación.

Imaxe
Esta mañá iniciouse de maneira oficial o programa de Robótica Educativa que se desenvolverá durante este curso no noso centro.  O alumnado de 5ºB xa coñece a Superpondaliña , unha superheroína que busca mellorar a vida dos habitantes de Ponteceso. Para iso precisa da axuda destas nenas e destes nenos, que só lograrán superar os seus retos a través da robótica... Aceptada a misión, o primeiro foi organizarse en grupos cooperativos e escoller que funcións desempeñaría cada membro do equipo, funcións rotatorias conforme se vaian desenvolvendo as diferentes sesións. Seguidamente, presentouse a tablet na que se recollerán os avances a través das pegatinas que Superpondaliña enviará por cada proba superada. Para identificarse como grupo, escolleron un nome característico e deseñaron un logo para o seu equipo. E isto foi o que sucedeu nesta primeira sesión. O vindeiro venres, aos nenos e nenas de 5ºB chegaralles a súa primeira misión. Cal será? Seguide o noso