Mensaxe de Superpondaliña.
Ola meus superheroes e superheroínas!
Como estades? Xa me contaron que lograstes montar os robots e clasificar tódalas pezas e sensores! Sodes unhas máquinas!
Non me cabe a menor dúbida de que me asociei coas mellores mentes de Ponteceso, así que moita forza e ánimo para o seguinte reto que vos vou propoñer...
Seguro que vos ten pasado algunha vez de querer cruzar a rúa por un paso de peóns e que ningún coche vos pare para poder facelo. Pensei que sería xenial que creásedes unha especie de semáforos peatonais que detecten a presencia dunha persoa na beirarrúa e emitan algún tipo de sinal para que os condutores e condutoras saiban que deben parar.

Unha forte aperta.
SUPERPONDALIÑA
Comentarios
Publicar un comentario