Presentación.
Esta mañá iniciouse de maneira oficial o programa de Robótica Educativa que se desenvolverá durante este curso no noso centro.
O alumnado de 5ºB xa coñece a Superpondaliña, unha superheroína que busca mellorar a vida dos habitantes de Ponteceso. Para iso precisa da axuda destas nenas e destes nenos, que só lograrán superar os seus retos a través da robótica...
Aceptada a misión, o primeiro foi organizarse en grupos cooperativos e escoller que funcións desempeñaría cada membro do equipo, funcións rotatorias conforme se vaian desenvolvendo as diferentes sesións.
Seguidamente, presentouse a tablet na que se recollerán os avances a través das pegatinas que Superpondaliña enviará por cada proba superada. Para identificarse como grupo, escolleron un nome característico e deseñaron un logo para o seu equipo.
E isto foi o que sucedeu nesta primeira sesión. O vindeiro venres, aos nenos e nenas de 5ºB chegaralles a súa primeira misión. Cal será? Seguide o noso blog para descubrilo...
O alumnado de 5ºB xa coñece a Superpondaliña, unha superheroína que busca mellorar a vida dos habitantes de Ponteceso. Para iso precisa da axuda destas nenas e destes nenos, que só lograrán superar os seus retos a través da robótica...
Comentarios
Publicar un comentario