Primeiros bocetos.
Aceptado o reto de Superpondaliña, as nenas e nenos de 5ºB dedicáronse a crear os primeiros bocetos dos seus proxectos. Nestas semanas intentarán mellorar a vida de Ponteceso a través da robótica, e serán os encargados e encargadas de darlle solución aos problemas que ocorren na nosa vila cada vez que unha persoa intenta cruzar un paso de peóns.